Archivo del blog

lunes, 7 de abril de 2014

IGREXA

A intención do proxecto é crear un conxunto homoxéneo, aberto, sen tabiques e compartimentacións completamente pechadas para unificar o espazo pero respectando as diferentes zonas establecidas nas premisas para o acondicionamento do local á nova liturxia.




Distribución





Seccións




Seccións



 Para isto dividiremos o espazo por medio de tabiques de formigón que non completen a altura total do local. A intención é marcar a horizontalidade e a verticalidade do espazo para fuxir da tradición sen chegar a sobrecargar ou rallar o tecnolóxico.
A intencións xeométricas de este proxecto están marcadas pola intención de reflexar sensación de acollemento coa colocación en ángulo dos muros de formigón do altar. Outra pauta que se repite en todo o proxecto é a armonización das formas a través da utilización de unha forma xeométrica trapezoidal, axuda a manter unha simetría que crea armonía e serenidade no seu conxunto dentro do espazo marcado polos pórticos xa existentes que deixaremos vistos parcialmente pero sen deixar de ser evidentes.


 Seguindo a mesma liña a volumetría da porta de entrada xera unha circulación directa á nave, dirixida polos planos que forman o adro que conflúen de maior a menor altura. A capela da penitencia e a capela do bautismo dado o seu carácter íntimo, foron baixadas en altura mediante uns perfís de aceiro corten apoiados no teito do adro e enbebidos nas paredes laterais da nave.



Teitos



As circulacións establecidas no proxecto foron pensadas para unha maior comodidade dos ocupantes da igrexa, establecendo así unha circulación principal que vai dende o adro ata o altar por medio de un corredor central e as circulacións secundarias, rodeando a asemblea, polo lado dereito chegamos ata o presbiterio, saída de emerxencia e a porta de entrada a zona privada; en cambio, polo lado esquerdo da asemblea accedemos tanto o presbiterio como a capela do sagrario. 
As circulacións menos utilizadas ou de menor rango serán as que acceden dende a porta de entrada á capela da penitencia polo lado esquerdo e a capela do bautismo polo lado dereito.
En canto as intencións estéticas utilizaremos materiais que doten o espazo de un ambiente austero, íntimo e sereno.



 Os materiais utilizados serán: O formigón que dota de eternidade dado o seu peso visual, o aceiro corten, dada a súa textura intenta reflexar a perpetuidade do espazo e o paso do tempo, a madeira de roble, que intenta transmitir calidez e confort os ocupantes da igrexa así como o carácter de material nobre que adoptou co paso do tempo e por último o vidro, que ten a función de tamizar a luz dos ocos practicados nos muros e tabiques así como permitir a visión do interior na porta de entrada.


A luz tamén a utilizaremos como un material, o máis importante, establecendo tres grados de luz natural. O Primeiro, na zona máis próxima á porta, que comprende adro, capela da penitencia e capela do bautismo, será un grao de luz tenue procedente das aperturas abucinadas practicadas nos muros de formigón que dividen ditos espazos.

 O segundo, na zona de asemblea, que se dotará de luz a través de unha ventá situada sobre a porta de entrada, a capela da penitencia estará iluminada por unhas aperturas abucinadas no muro de formigón que pecha a zona do presbiterio e por último o presbiterio, a zona máis iluminada por medio de un tragaluz situado encima do altar que dota de luz cenital o espazo mais importante da igrexa.



Para completar esta iluminación natural utilizaremos iluminación artificial que tamén cobra especial importancia no proxecto posto que dependendo do uso será diferente.
No caso de un evento especial como unha voda ou bautizo a iluminación artificial da nave estará prendida na súa totalidade, no caso de unha misa normal ou outro tipo de eventos utilizaremos a iluminación de resalte e a básica complementando coa luz natural ou a básica se é de noite.


Fachada




Exterior





Detalles 



















Mi mano es una extensión de mis pensamientos, de mis pensamientos creativos. TADAO ANDO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cotillitas