A
intención do proxecto é crear un conxunto homoxéneo, aberto, sen
tabiques e compartimentacións completamente pechadas para unificar o
espazo pero respectando as diferentes zonas establecidas nas premisas
para o acondicionamento do local á nova liturxia.
Distribución
Seccións
Seccións
Para isto
dividiremos o espazo por medio de tabiques de formigón que non
completen a altura total do local. A intención é marcar a
horizontalidade e a verticalidade do espazo para fuxir da tradición
sen chegar a sobrecargar ou rallar o tecnolóxico.
A
intencións xeométricas de este proxecto están marcadas pola
intención de reflexar sensación de acollemento coa colocación en
ángulo dos muros de formigón do altar. Outra pauta que se repite en
todo o proxecto é a armonización das formas a través da
utilización de unha forma xeométrica trapezoidal, axuda a manter
unha simetría que crea armonía e serenidade no seu conxunto dentro
do espazo marcado polos pórticos xa existentes que deixaremos vistos
parcialmente pero sen deixar de ser evidentes.
Seguindo a mesma liña
a volumetría da porta de entrada xera unha circulación directa á
nave, dirixida polos planos que forman o adro que conflúen de maior
a menor altura. A capela da penitencia e a capela do bautismo dado o
seu carácter íntimo, foron baixadas en altura mediante uns perfís
de aceiro corten apoiados no teito do adro e enbebidos nas paredes
laterais da nave.
Teitos
As
circulacións establecidas no proxecto foron pensadas para unha maior
comodidade dos ocupantes da igrexa, establecendo así unha
circulación principal que vai dende o adro ata o altar por medio de
un corredor central e as circulacións secundarias, rodeando a
asemblea, polo lado dereito chegamos ata o presbiterio, saída de
emerxencia e a porta de entrada a zona privada; en cambio, polo lado
esquerdo da asemblea accedemos tanto o presbiterio como a capela do
sagrario.
As circulacións menos utilizadas ou de menor rango serán
as que acceden dende a porta de entrada á capela da penitencia polo
lado esquerdo e a capela do bautismo polo lado dereito.
En
canto as intencións estéticas utilizaremos materiais que doten o
espazo de un ambiente austero, íntimo e sereno.
Os materiais
utilizados serán: O formigón que dota de eternidade dado o seu peso
visual, o aceiro corten, dada a súa textura intenta reflexar a
perpetuidade do espazo e o paso do tempo, a madeira de roble, que
intenta transmitir calidez e confort os ocupantes da igrexa así como
o carácter de material nobre que adoptou co paso do tempo e por
último o vidro, que ten a función de tamizar a luz dos ocos
practicados nos muros e tabiques así como permitir a visión do
interior na porta de entrada.
A
luz tamén a utilizaremos como un material, o máis importante,
establecendo tres grados de luz natural. O Primeiro, na zona máis
próxima á porta, que comprende adro, capela da penitencia e capela
do bautismo, será un grao de luz tenue procedente das aperturas
abucinadas practicadas nos muros de formigón que dividen ditos
espazos.
O segundo, na zona de asemblea, que se dotará de luz a
través de unha ventá situada sobre a porta de entrada, a capela da
penitencia estará iluminada por unhas aperturas abucinadas no muro
de formigón que pecha a zona do presbiterio e por último o
presbiterio, a zona máis iluminada por medio de un tragaluz situado
encima do altar que dota de luz cenital o espazo mais importante da
igrexa.
Para
completar esta iluminación natural utilizaremos iluminación
artificial que tamén cobra especial importancia no proxecto posto
que dependendo do uso será diferente.
No
caso de un evento especial como unha voda ou bautizo a iluminación
artificial da nave estará prendida na súa totalidade, no caso de
unha misa normal ou outro tipo de eventos utilizaremos a iluminación
de resalte e a básica complementando coa luz natural ou a básica se
é de noite.
Fachada
Exterior
Detalles
Mi mano es una extensión de mis pensamientos, de mis pensamientos creativos. TADAO ANDO