Archivo del blog

sábado, 18 de enero de 2014

Un proxecto de un apartamento




Din que nada está inventado, e sempre hai que buscar inspiración no que te rodea. 
Para estrear este blog amosareivos un dos meus primeiros traballos.

A premisa deste proxecto é a reforma dun apartamento para unha persoa que ten como profesión o ensino e desenvolve o seu traballo na casa polo que necesitará dun espazo específico.


Estado actual:


Este foi o resultado:





















 O obxetivo principal do proxecto era conservar no posible o estado actual do apartamento e adaptalo ao novo usuario pero sen perder o seu carácter. A liña de deseño resultou ser conservadora, utilizando liñas verticais e horizontais en forma de caixa con poucas concesións á forma humana recreándose nas formas da natureza e como principais materiais a madeira, o vidro e o ferro.
A estética foi inspirada no arquitecto Frank Lloyd Wright e os espectaculares interiores da súa obra mais coñecida, "La casa de la cascada".




As liñas verticais e horizontais predominan no espazo proporcionando armonía e equilibrio. 


Os mobles teñen forma de caixa e están realizados en madeira maciza de roble, as liñas son rectas e o aspecto do mobiliario é contundente, pesado. A peza central do apartamento é un sofá multifuncional de madeira de roble situado na zona de estar. Esta peza é importante posto que a redor dela xiran todas as circulacións.


En este proxecto se plantexa unha visión moi aproximada a de Frank Lloyd Wright, estas liñas desenrolan un espazo sen divisións fixas, agás no baño, tentando dividir o espazo mediante armarios fixos ou vidros traslúcidos que permitan a entrada de luz natural. A sala de estar é un espazo permanentemente visible xa que os mobles que o delimitan son de pouca altura, isto amplía a profundidade e a sensación de desafogo. A zona de estar e o comedor interactúan directamente, o comedor sitúase próximo á cociña coa posibilidade de separalos mediante unha cortiña de madeira lamas verticais.








"El espacio interior en sí mismo es la realidad del edificio"

Frank Lloyd Wright


2 comentarios:

  1. Vaya cambio, esto si que es adaptar bien el espacio.
    Por fin estrenas tu blog!!! cuantas ganas tenía de leerlo. Bss

    ResponderEliminar

Cotillitas